
Galicia
XIV Torneo de Xadrez Lóstrego Concello de Moaña - Memorial B. Sánchez
Colexio CEIP Reibón. A Xunqueira. (Fronte ao campo de fútbol)
15 de novembro de 2008 | Resultados
Informa: Cándido Portela
Club de Xadrez Fischer de Moaña
Data: 15 de novembro de 2008
Local de xogo: Colexio CEIP Reibón. A Xunqueira. (Fronte ao campo de fútbol)
Horario: 16,00 a 21,00 horas.Bases
1.- O XIV torneo Concello de Moaña de xadrez Lóstrego disputarase en Moaña o 15 de novembro de 2008.
2.- Xogarase por Sistema Suizo a 7 roldas a ritmo de xogo de 10 minutos por xogador + 2 segundos de incremento.
3.- O torneo iniciarase ás 4 da tarde coa presentación dos xogadores, comezando a primeira rolda ás 16:30 horas, rematando coa entrega de premios sobre as 9 da noite.
4.- O prazo de inscrición rematará o día do torneo ás 15 horas debendo facer o pago antes das 16 horas. Os importes serán:
Xeral:5 eurosGM, MI e MF:De balde
Categoría Escolares: De balde
5.- As decisións do árbitro serán inapelables. O emparellamento farase por medio dun programa informático e non se poderá reclamar.
6.- A efectos de emparellamento, o ranking inicial dos xogadores realizarase considerando o rating dos mesmos.
7.- A orde de aplicación dos sistemas de desempate, sortearase ao remate da última rolda entre os seguintes: Bucholz Total, Bucholtz Mediano (sen o peor resultado), Progresivo e Progresivo ata as últimas consecuencias.
8.- O árbitro poderá decidir a situación dos reloxos.
9.- Os premios non serán divisibles nin acumulables, entregándose sempre o de maior cuantía. Para recollelo é imprescindible estar presente.
10.- Todo o non especificado nestas bases rexirase polas normas e regulamentos da Federación Internacional de Xadrez (FIDE).
11.- A Organización resérvase o dereito a modificar as bases do torneo, sen outra obriga que publicalas no local de xogo, media hora antes do inicio da 1ª rolda.
12.- A participación neste torneo supón a aceptación destas bases.
Premios:
A- CATEGORÍA XERAL:
Premios xenéricos:
1º. 300 € + Trofeo
2º. 200 € + Trofeo
3º. 100 € + Trofeo
4º. 80 €
5º. 60 €
6º. 50 €
7º. 40 €
8º. 30 €
9º. 30 €
10º. 30 €
Premios especiais:
ELO FIDE < 2.200 ELO FIDE < 2.000
1º. 40 € 1º. 40 €
2º. 30 € 2º. 30 €
3º. 20 € 3º. 20 €
4º. 20 € 4º. 20 €
5º. 20 € 5º. 20 €
ELO FIDE < 1.800 Sen ELO FIDE
1º. 40 € 1º. 40 €
2º. 30 € 2º. 30 €
3º. 20 € 3º. 20 €
4º. 20 € 4º. 20 €
5º. 20 € 5º. 20 €
B – ESCOLARES:
Sub - 16 Sub - 12
1º. Agasallo 1º . Agasallo
2º. Agasallo 2º . Agasallo
3º. Agasallo 3º . Agasallo
* Haberá medallas para tódolos participantes nesta categoría.Inscrición
A inscrición poderá facerse no teléfono ou no email abaixo sinalado, indicando a categoría, nome e apelidos, idade, Club e ELO antes do día 15/11/08.
Importe da inscrición:
inscritos con opción aos premios en metálico: 5 €
escolares: de baldeTeléfono: 654 646 207
E-mail: dportela@uvigo.es
Organiza:
Club de Xadrez Fischer de Moaña
Patrocina:

Concello de Moaña
Colaboran:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte

Deporte Galego

Deputación de Pontevedra

Federación Galega de Xadrez

Caixanova