XXI Aberto Internacional “Virxe Peregrina”

Pontevedra

Liceo Casino. Rúa Manuel Quiroga 21; detrás do Concello de Pontevedra Web Liceo Casino

10 ao 18 de agosto de 2008

TORNEO DO XXI CIRCUITO GALEGO DE XADREZ

Web Oficial | Resultados

Informa: Gaspar Pérez Carneo
Director Toreno

En españolEn galego

 

Datas: do 10 ao 18 de agosto de 2008.

Inauguración: día 10 ás 16.30 horas. Clausura, día 18 ás 21.00 horas aproximadamente.

Lugar de xogo: Salóns do Casino de Pontevedra (R/. Manuel Quiroga,21).

Sistema: Suizo a 9 roldas. O ritmo de xogo será de 1 hora 30 minutos de crono individual cun incremento de 30 segundos por xogada.

Premios: máis de 8.000 euros en premios

Clasificación Xeral :
1.200 € + trofeo
1.000 € + trofeo
800 € + trofeo
700 €
600 €
500 €
400 €
300 €
250 €
10º 250 €
11º 200 €
12º 200 €
13º 200 €
14º 150 €
15º 150 €
Premios especiais por bloques de ELO FIDE :
Entre 2300 e 2001 :
150 €
100 €
100 €
Menor o igual a 2000 :
150 €
100 €
100 €
Sen ELO FIDE :
150 €
100 €
100 €
Outros premios especiais :
1º xogador/a galego: 150 € + trofeo “Alexandre Boveda”
1º xogador/a veterán: trofeo
1º xogador/a xuvenil: trofeo
1º xogador/a infantil: trofeo
1ª xogadora: trofeo
Total: 8.100 €
* Premios non acumulables (agás o 1º xogador/a galego)
* Premios por orde de clasificación.
     (aplicaranse as retencións fiscais regulamentarias).

Inscricións:

Cota xeral: 25 €.

Para inscribirse é necesario facelo previamente, por mail a virxeperegrina@hotmail.com ou no teléfono 645 15 78 44, indicando nome, apelidos, procedencia e ELO.

Condicións a xogadores titulados (MI, GM), no teléfono 645 157 844 e virxeperegrina@hotmail.com

MÁIS INFORMACIÓN:

www.fegaxa.org, e na páxina oficial do torneo www.tabladeflandes.com

BASES DETALLADAS

1. Calendario: do 10 ao 18 de Agosto de 2008.

Días 10 a 18, unha rolda diaria, dende as 16.30 horas.

Entrega de premios: Día 18 de agosto, aproximadamente ás 21,00 horas.

2. Sistema :

Sistema Suizo, a 9 roldas. O ritmo de xogo será de 1 hora 30 minutos de crono individual cun incremento de 30 segundos por xogada.
Para a orde de forza tomarase a evaluación elo en vigor do xogador. Non se admitirán reclamacións sobre o pareo, agás por entrada errónea de datos ou parámetros.

3. byes:

Concepto: Os xogadores poderán recibir descansos autorizados ou exencións (byes) para un máximo de dous (2) roldas (anteriores á 7ª), a petición propia e sen necesidade de ningunha xustificación. Non serán emparellados nas roldas solicitadas, recibindo medio punto por cada exención.

Requisitos: a) pedilo por escrito, ou en email ou fax de inscrición, antes da primeira rolda; b) máximo de dúas exencións, só entre as seis (6) primeiras roldas; d) cota aboada.

Exclusión: Exclúense deste dereito, aos xogadores invitados que reciban axudas ou primas económicas da Organización.

Cancelación: O xogador poderá cancelar algunha ou todas as exencións que solicitase. Debe facelo por escrito, ben antes de comezar o torneo ou, unha vez comezado, dentro da xornada anterior á da exención.

4. Ritmo:

Cada xogador dispoñerá de 90 minutos de tempo principal e de 30 segundos adicionais por cada xogada.

5. Desempates:

 Os sistemas de desempate publicaranse antes do inicio do torneo.

6. Descalificación:

A incomparecencia dun xogador a unha rolda causará a súa eliminación do torneo, agás que excuse a súa ausencia e solicite por escrito para proseguir no torneo. Dúas incomparecencias supoñen a descalificación definitiva; así como a falta grave deportiva ou a falta de pagamento da cota correspondente.

7. Regras de Xogo:

Todos están obrigados a seguir unha conduta deportiva acorde coas Leis do Xadrez, o Código de Ética de FIDE, as presentes Bases, e as instrucións do Árbitro Principal.

A xogador debe comprobar a puntuación, rolda a rolda e, en caso de erro, reclamará inmediatamente, en todo caso antes do pareo seguinte. Poderán non ser admitidas reclamacións posteriores.

Cada xogador debe revisar os seus datos nos listados oficiais. Se non o fai así poderá rexeitarse unha reclamación do devandito xogador, para os efectos de premios e en prexuízo de terceiros, plantexada despois de publicado o pareo da última rolda.

A participación no torneo implica a aceptación e cumprimento das presentes bases e demais regulamentación aplicable.

8. Inscrición e cotas:

Prazo: Ata o 10 de Agosto. Aforamento limitado segundo orde de inscrición, agás os mestres invitados. Será discrecional admitir inscricións posteriores.

Cotas: 25 €, xeral.

Ingreso en conta 0072 0420 14 0000103710, indicando nome e apelidos e procedencia. A inscrición debe confirmarse por teléfono no 645 15 78 44 ou a virxeperegrina@hotmail.com

9. Premios:

Os premios en metálico non son acumulables entre si (agás do primeiro xogador galego), e optarase polo de maior contía; a igual contía, o primeiro na orde de presentación na táboa de premios (de arriba embaixo).

Os trofeos van ligados ao posto real obtido e, en consecuencia, son acumulables, agás os trofeos relativos a idade ou a procedencia, entre si respectivamente, en que se optará ao primeiro que figure na táboa de trofeos.

Para os efectos de premios por tramos tomarase a máis alta avaliación elo (rating) do xogador en listas oficiais en vigor FIDE.

Os premios por idades (Veteráns, Sub 2300, Sub 16, etc.) seguirán o criterio federativo, referido ao ano 2008.

10. Recepción de Premios:

Para ter dereito ao premio a xogador o aceptará e recollerá persoalmente ou mediante un representante previamente acordado coa Organización, no acto público de entrega de premios.

Web Oficial:

http://www.tabladeflandes.com