Campionato de España Puleva-Max Sub-10

Padrón - A Coruña

Hotel Scala de Padrón

28 de xuño ao 3 de xullo de 2011

Informa: Club Xadrez Laroca Nigrán. Pontevedra

En castellanoEn galego

Nota Prensa:

NOTA DE PRENSA DO CLUB DE XADREZ LAROCA

Francisco Orantes e Mireya Represa
Francisco Orantes e Mireya Represa

A xogadora do Club de Xadrez Laroca de Nigrán, Mireya Represa Pérez, ven de revalidar o seu título de campioa de España de Xadrez na categoría benxamín no campionato de España que se desenvolveu no hotel Scala de Padrón do 28 de Xuño o 3 de Xullo de 2011.

Mireya Represa Pérez
Mireya Represa Pérez

Mireya ven de repetir a xesta acadada no 2010 e representará o xadrez español no Campionato da Comunidade Europea en Mureck (Austria) do 3 ao 11 de agosto, e no Europeo Individual Benxamín en Albena (Bulgaria) do 10 ao 20 de setembro.

Mireya Represa Pérez
Mireya Represa Pérez

Ase mesmo, conquistou o 4ª posto na clasificación xeral mixta (igualada a puntos co terceiro lugar), acadando por elo a medalla de bronce xeral no campionato.

O campionato decidiuse na 9ª e derradeira rolda na que 4 xogadoras, separadas por menos dun punto, disputáronse o campionato. Mireya, loitando con pezas negras dende a 2ª mesa, foi quen de vencer ao campión de Valencia (Josep Garcia Sancho) e acadou con elo o campionato feminino e podium da xeral mixta.

Mireya Represa Pérez (historial deportivo)

Mireya vive coa súa familia en Sabaris (Baiona). Empezou a xogar o xadrez os 6 anos nas actividades extraescolares do seu colexio. No 2008 entra a formar parte do Club de Xadrez Laroca de Nigrán (club que conta nas súas filas con xogadores dos tres concellos do Val Miñor).

No ano 2009 proclamase Campioa Galega en categoría pre-benxamín e 2ª na xeral.

No ano 2010 acada o título de Campioa Galega benxamín, 3ª na xeral e o título de Campioa de España Benxamín.

No ano 2011 vence no Campionato Galego Benxamín (1ª xeral e 1ª feminina) e acaba de proclamarse Campioa de España benxamín e 4ª na xeral.

Forma parte dos grupos de tecnificación das Federaciones Galega e Española de Xadrez.

Parabéns.

Club de Xadrez Laroca - 3 de Xullo do 2011


Máis Información

Resultados en ChessResults

FEDA

FEGA