IX Torneo Cidade de Viveiro
Casino de Viveiro. Avda. Ramón Canosa
1 e 2 de agosto de 2009 | Resultados
Informa: Emilio González
1º. O torneo disputarase a 8 roldas polo sistema suízo os días 1 e 2 de agosto de 2009.
O local de xogo será O Casino de Viveiro sito en Avda. Ramón Canosa.2º. A duración das partidas será de 25 minutos por xogador.
3º. Establecerase un límite de 80 xogadores que serán admitidos por orde de inscrición, a organización reservase o dereito de aumentar o número de prazas.
4º. O importe da inscrición será de 12 € para os maiores de 18 anos, e de 3 € para os menores de 18 anos.
A inscrición será gratuita para os socios do Casino e para os xogadores cunha puntuación ELO superior aos 2350 puntos.
A inscrición poderá formalizarse chamando aos Teléfonos.- 982 560394, 608 414485, ou directamente na Casa da Xuventude de Viveiro. Avda, Cervantes s/n, en horario de 16 a 22 horas de luns a venres. O prazo para inscribirse rematará o día 31 de Xullo ás 20 horas
A organización reservase o dereito de aceptar inscricións en calquera momento e non incluír na 1ª rolda a xogadores inscritos fora de prazo ou que non abonaran a taxa de inscrición.
Poderase abonar os dereitos de inscrición en calquera das sucursais de CAIXANOVA no nº de conta : 2080/0187/010040006398.
No suposto de ter dificultades para abonar a inscrición, esta poderase facer efectiva ata unha hora antes do comezo do Torneo, nas instalacións do Casino de Viveiro , sempre que xa se estivera inscrito antes do 31 de xullo.
5º. O comezo do torneo será ás 15:45 horas do sábado dia 1 de Agosto, de acordo co seguinte horario :
1ª rolda día 1 de Agosto ás 15:45 horas
2ª rolda día 1 de Agosto ás 17:00 horas
3ª rolda día 1 de Agosto ás 18:00 horas
4ª rolda día 1 de Agosto ás 19:00 horas
5ª rolda día 2 de Agosto ás 16:00 horas
6ª rolda día 2 de Agosto ás 17:00 horas
7ª rolda día 2 de Agosto ás 18:00 horas
8ª rolda día 2 de Agosto ás 19:00 horas
Entrega de premios o día 2 de Agosto de 2009 ás 20:30 horas
6º. Repartiranse premios por un valor de 2.000 € , distribuídos da seguinte forma :
1º Clasificado 450 € e Trofeo
2º Clasificado 300 € e Trofeo
3º Clasificado 200 € e Trofeo
4º Clasificado 100 €
5º Clasificado 90 €
6º Clasificado 80 €
7º Clasificado 70 €
8º Clasificado 60 €
9º Clasificado 50 €
10º Clasificado 50 €
11º Clasificado 50 €
12º Clasificado 50 €
13º Clasificado 50 €
14º Clasificado 50 €
15º Clasificado 50 €Premios Participantes da MARIÑA
1º Clasificado 50 € e Trofeo
2º Clasificado 40 € e Trofeo
3º Clasificado 20 € e Trofeo
4º Clasificado 10 €Premios Participantes SUB 18
1º Clasificado 50 € e Trofeo
2º Clasificado. 40 € e Trofeo
3º Clasificado 20 € e Trofeo
4º Clasificado 10 €Premios Participantes SUB 12
1º Clasificado 30 € e Trofeo
2º Clasificado 20 € e Trofeo
3º Clasificado 10 € e Trofeo
4º ao 13 º Clasificado MedallasOs premios non serán acumulativos, no caso de concorrer un xogador a varios premios, entregaráselle o de maior contía, ou mellor nivel.
Os xogadores que xogan na Liga da Mariña podran optar aos premios da Mariña7º. No caso de haber empates, empregaranse os métodos de desempate seguintes e por esta orde :
Bucholz
Sonnenborg-Berger
Bucholz medio
Nº de victorias
Resultado particular
Cor do enfrontamento entre ámbolos dous.
Sorteo8º. A vixente lei do xadrez da FIDE, e as presentes bases, rexerán a marcha do torneo.
9º. O comité de apelación estará integrado por un representante da organización, e o equipo arbitral, os cales serán os encargados de resolver calquera incidente.
10º. A imcomparecencia a duas partidas consecutivas ou non, darán lugar á descalificación do torneo.
A organización reservase o dereito de proceder así mesmo a retirada do torneo de xogadores ausentes na 1º rolda ou na 6ª rolda.11º. Queda prohibido fumar no local de xogo.
12º. Cada participante virá provisto de D.N.I , e resgardo de pago de inscrición.
13º. A inscrición no IX Torneo de Xadrez "Cidade de Viveiro" ,implica a aceptación das presentes bases.
Organizan:
Club de Xadrez Viveiro
Patrocinan:
Excelentísimo Concello de Viveiro
Colaboran:
Casino de Viveiro
Grupo Futures