Ribadavia Xadrez Medieval Festa da Istoria 2017

26 agosto

Final

Club Deportivo Xadrez Ourense, coorganiza esta vistosa actividade, tras 18 edicións

Xadrez Vivente, Festa da Istoria 2017


Dentro do programa de actividades festivas e culturais da Festa da "Istoria" (Ribadavia 2017), tivo lugar o Sábado día 26 de Agosto o tradicional xadrez humano medieval, organizado, un ano máis e como ven sendo habitual nas últimas XVIII edicións, polo Club Deportivo Xadrez Ourense en colaboración coa Coordinadora da Festa da Istoria de Ribadavia.

Graciela Gómez no papel de Dona María Pimentel (pezas negras), Elías Xosé González papel de Bernardino Sarmiento (pezas blancas), Alejandro de León, David González e Jorge Fernández como técnicos de taboleiro, xunto cos 32 xóvencísimos participantes e veciños da comarca do Ribeiro, desenvolveron a representación teatralizada dunha clásica partida na que todas as pezas do taboleiro teñen protagonismo.

A ambientación no contexto históric e elección dos persoaxes correu a cargo da Licenciada en Historia e Monitora Nacional de Xadrez, Graciela Gómez Cid.

Malia a inestabilidade climatolóxica que reinou en Ribadavia na mediodía do sábado 26, foron numerosas as persoas que se achegaron ao auditorio do castelo da vila para presenciar o vistoso xadrez vivinte. Cabe salientar que a RTVG adicou un amplo reportaxe á actividade con imaxes e entrevistas.

 

Elías González


Vídeo na Televisión de Galicia