TablaDeFlandes
O Sábado 30 de Setembro tivo lugar en Ribadavia a 2ª edición do Aberto de Xadrez "Festa da Istoria 2017", baixo a organización da coordinadora da festa da Istoria de Ribadavia e coa dirección técnica do Club Xadrez Ourense.
O evento contou co escenario no exclusivo marco da Igrexa da Madalena, e estivo dirixido as categorías Sénior (na que venceu Armando de Sousa, Xuvenil (onde se impuxo o bronce nacional Martín Gómez) e Infantil (na que o vigués Rubén Fernández impuxo a súa condición de favorito).
O Evento contou con numerosos premios, ademáis dos trofeos previstos para os 5 mellor clasificados de cada unha das tres categorías en litixio, dispuxo tamén de obsequios conmemorativos para todos os participantes, ademais a organización sorteou importantes premios e regalos entre os todos os xadrecistas, (estancias en casas e hoteis rurais da comarca do Ribeiro, circuitos termais, material deportivo, vales por ceas e xantares para 2 persoas en restaurantes de Ribadavia e arredores, material escolar, estuches de D.O. Ribeiro, etc…)
Elías González