Galicia
Campionato Galego Universitario
Escola de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña
Informa: AGAX Asociación Galega Xadrecistas | Web
Comunicado de Actividades
Manoel Rodríguez Calvo Campión Galego Universitario
MANOEL RODRIGUEZ CALVO, proclamouse novo Campión Galego Universitario na proba desenvolvida esta semana na Escola de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.
A proba reuniu aos mellores xogadores das tres universidades galegas, en dous grupos para xogadores con ELO (ranking nacional ou internacional) e outro para xogadores sen ELO.
Manoel Rodríguez, estudiante de Física da Universidade de Santiago logrou cinco puntos e medio sobre os seis posibles, medio mais que VICTOR ALONSO MACIAS, tamén da Universidade de Santiago, pero estudiante de Económicas. Ambos mantiveron unha clara vetaxa sobre o ANTONIO PAZOS PORTA, estudante de Arquitectura Técnica na Universidade da Coruña, que foi o primeiro dos locais nesta proba totalizando tres puntos e medio.
Na categoría promoción o vencedor foi FRANCISCO DOMINGUEZ MARTINEZ, estudante de Naútica na Universidade da Coruña. A proba foi moi disputada como o amosa o feito de que catro xogadores remataron con cinco puntos, dando o sistema de desempate a orde final que favoreceu a Francisco Domínguez e que deixou na segunda praza a JOSE ABELARDO BLANCO IGLESIAS, estudante de Mediciña na Universidade de Santiago, OSCAR CHOUCIÑO BELLO, estudante de Relacións Laborais da Universidade de Santiago e DANIEL MAYO QUINTELA, estudante de Económicas na Universidade da Coruña. Como queda dito todos eles con cinco puntos.
A pesar de ser o grupo mais numeroso, nesta ocasión a Universidade de Vigo non situou a ningún xogador nos primeiros postos nos Torneos.
Mais información e fotos en www.xadrezuniversitario.org
Texto e Fotos:
AGAX-CIDU (Club Iniciativas Deportivas Universitarias)
Organiza:
AGAX-CIDU
http://www.cidu.palaestra.net/