O Círculo Chantadino gaña a Copa Galicia 2013 en categoría absoluta
O pasado fin de semana A Coruña acolleu un maratón de xadrez con diferentes torneos entre os que o principal era a Copa Galicia. Esta proba oficial dispútase en dúas categorías; cadete e absoluta e nesta última foi a proba máis concorrida do xadrez senior en Galicia nos últimos anos.
Un total de trinta e catro equipos de toda Galicia disputaron un rifado torneo no que o vencedor foi o Círculo Chantadino que se impuxo ao Fontecarmoa-Viaxes Interrías de Vilagarcía e ao Algalia de Santiago que completaron o podium.
Na categoría cadete o vencedor foi a Escola de Xadrez de Pontevedra - Zona informática por diante do Xadrez Ourense Cadete e do Fontecarmoa-Viaxes Interrías (único club que logrou estar presente no podium das dúas categorías).
O éxito de participación con máis de trescentos participantes mostrou a puxanza do xadrez galego neste momento.
Os organizadores, o Club de Iniciativas Deportivas Universitarias, realizaron a proba por segundo ano consecutivo no Sporting Club Casino da Coruña, onde en pouco menos dun mes terán lugar tamén os Campionatos Provinciais de todas as categorías.
Asociación Galega de Axedrecistas