Ourense II Ourense en Xaque

4 de xuño de 2017

Masiva participación na 2ª edición do "Ourense en Xaque"

250 xóvenes xadrecistas de toda Galicia e norte de Portugal abarrotaron Expourense

Club Xadrez Ourense, con 9 dos 25 pódios en litixio, entidade máis galardonada

O Domingo 4 de Xuño tivo lugar en Expourense a segunda edición do torneo de xadrez "Ourense en Xaque", proba puntuable pertencente ao Circuito Galego de promoción 2017, que congregou a 250 xóvenes xadrecistas chegados desde toda Galicia e norte de Portugal, convertíndose, ata o de agora e de longo, na proba máis participativa das 7 disputadas por toda a xeografía galega.

II Ourense en Xaque 2017

Este circuito galego de promoción 2017, prolongarase ata Novembro, e contará con cerca de 20 probas puntuables, estando a penúltima delas novamente programada para celebrarse en Expourense, a finais de Outubro.

Na xornada de onte o Club Deportivo Xadrez Ourense foi a entidade mái galardonada con ata 9 pódios dos 25 postos de honra conquistados polos 5 primeiros clasificados de cada unha das 5 categorías en litixio. En categoría Sub-20 o vencedor foi Gabriel Roma Barge (Xadrez Ourense), que completou unha impecable actuación, con 7 puntos en 7 partidas.

II Ourense en Xaque 2017Sub 20

Xa en dentro do tramo Sub-14 o vencedor resultou Mateo Díaz Gómez (Xadrez Ourense), nunha categoría na que os ourensáns realizarón unha auténtica exhibición, conquistando ata 4 dos 5 postos de honra. En alevíns, (Sub-12), o campeón foi Luca Rey Chimera (Fontecarmoa de Vilagarcía), mentres que en Sub-10 o triunfo viaxou ata terras olívicas, de mans de Xavier Caudet Soto (Xadrez Galego).

II Ourense en Xaque 2017Sub 14

II Ourense en Xaque 2017Sub 12

II Ourense en Xaque 2017Sub 10

Na categoría dos máis xóvenes, (sub-8), os prometedores prebenxamíns ourensáns tamén tiveron un especial protagonismo copando ata 3 dos 5 postos de privilexio, sin embargo o primeiro lugar viaxou ata Noia, a cargo de Iago Fernández Ramos, (Club Brétema).

II Ourense en Xaque 2017Sub 8

A Escola de monitores e adestradores do Club Deportivo Xadrez Ourense está a realizar un traballo de achegamento de iniciación ao xadrez en 16 centros de ensino da capital e provincia, é por iso que non podemos considerar casualidade que as probas de xadrez para xóvenes, sexan, na nosa provincia un referente de elevada participación a nivel Autonómico.

Recoñecimento a Alejandro Victor FedericoRecoñecimento a Alejandro Victor Federico

Na parte final da ceremonia de Clausura, o Club Deportivo Xadrez Ourense, fixo entrega de tres placas de recoñicimento á traxectoria persoal e deportiva de Alejandro Cervigni, Federico Naso e Víctor López.

Texto e Fotos: Elías

PDFs. Clasificacións Finais

Sub 20 | Sub 14 | Sub 12 | Sub 10 | Sub 8