Ribadavia Torneo de xadrez Festa da Istoria 2016

24 de setembro de 2016

Xadrez no incomparable marco da Igrexa da Madalena

O Sábado 24 de Setembro celebrouse en Ribadavia a 1ª edición do Aberto de Xadrez "Festa da Istoria 2016", baixo a organización da coordinadora da festa da Istoria de Ribadavia e coa dirección técnica do Club Xadrez Ourense.

Ribadavia Torneo de xadrez Festa da Istoria 2016

O evento reuniu, no exclusivo marco da Igrexa da Madalena, a 60 xadrecistas, na súa maior parte procedentes de diferentes clubs de Galicia, pero tamén con participantes de fora da nosa comunidade como foi o caso do Mestre Arxentino Alfredo Cordero ou do MF do club "Blanco y negro" de Madrid, Daniel Táboas que partía ademais co nº 1 do ránking inicial.

Ribadavia Torneo de xadrez Festa da Istoria 2016

Ribadavia Torneo de xadrez Festa da Istoria 2016

A confirmación do alto nivel medio dos participantes é que máis de 40 deles, dos 60 totais, contaban con ránking internacional.

O Evento contou con numerosos premios para os mellores clasificados de cada unha das tres categorías en litixio, ademais de obsequios conmemorativos para todos os participantes, ademais a organización dispuxo moitos regalos para ser sorteados entre todos os xadrecistas.

Ribadavia Torneo de xadrez Festa da Istoria 2016

Ribadavia Torneo de xadrez Festa da Istoria 2016

Na categoría Sénior o vencedor foi o actual campeón galego universitario e xadrecista do Club Xadrez Ourense, David Gómez Diéguez, con 6 dos 7 puntos posibles, seguido do Mestre do club Blanco e Negro de Madrid, Daniel Táboas. O bronce foi para o Mestre arxentino Alfredo Cordero, e completaron o podio David Torres Domínguez, do Club Sanxenxo e Jorge Fernández Vázquez do Club Xadrez Ourense.

Ribadavia Torneo de xadrez Festa da Istoria 2016

En categoría Xuvenil o vencedor foi Adrián Gómez (Xadrez Ourense), seguido de Alejandro Cervigni do mesmo club, Raúl Martínez peña do Casa da Xuventude foi terceiro, Gabriel Roma do Xadrez Ourense obtivo o cuarto posto e Adrián Carpintero do Ramiro Sabel de Ponteareas foi quinto.

Ribadavia Torneo de xadrez Festa da Istoria 2016

Xa en categoría Infantil o Xadrez Ourense copou o podio completo con Martín Gómez, Marcos Vázquez e Xacobe Conde.

Ribadavia Torneo de xadrez Festa da Istoria 2016

Por Clubs o Xadrez Ourense foi o máis galardonado con 8 premios dos 13 en litixio.

Texto: Elías

PDF. Clasificacións Finais