Dentro do programa de actividades festivas e culturais da Festa da Historia (Ribadavia 2016), tivo lugar o Sábado día 27 de Agosto o tradicional xadrez humano medieval, organizado, un ano máis, como nas últimas XVII edicións, polo Club Deportivo Xadrez Ourense en colaboración coa Coordinadora da Festa da Istoria de Ribadavia.
Graciela Gómez no papel de Dona María Pimentel (pezas negras), Jesús Conde no papel de Bernardino Sarmiento (pezas blancas), Alejandro de León como técnico de taboleiro xigante e Elías Xosé González na dirección, xunto cos 32 xóvencísimos participantes da comarca do Ribeiro, desenvolveron a representación teatralizada dunha clásica partida na que todas as pezas do taboleiro teñen protagonismo.
A ambientación no contexto histórico, e elección dos persoaxes correron a cargo da Licenciada en Historia e Monitora Nacional de Xadrez, Graciela Gómez Cid.
Malia o intenso calor que reinou en Ribadavia na mediodía do sábado 27, foron numerosas as persoas que se achegaron ao auditorio do castelo para presenciar o xadrez vivinte.
Eco Prensa. La Region
Texto: Elías