Galicia
XX Torneo Virxe do Rosario de Xadrez
4 de outubro de 2014 | Bases
Informa: Asociación Galega de Xadrecistas AGAX | Web
Strikovic gañou o XX Torneo Virxe do Rosario
David Lariño (2º), Aleksa Strikovic (Campión) e demais premiados
Foto agax.org
Durante o pasado fin de semana disputouse no Sporting Club Casino o Torneo Virxe do Rosario de Xadrez, que cehgou aos seus vinte anos de vida cunha das edicións mais fortes ata o momento. Os Grandes Mestres Strikovic e Lariño partína como favoritos e Aleksa Strikovic, campión en 2012 e subcampión en 2013, recuperou o primeiro posto no Torneo Virxe do Rosario ao impoñerse a David Lariño, por medio punto de ventaxe.
Un duro torneo no que o lugués Anxo Penalonga con cinco puntos acadou a terceira praza, cos mesmos puntos que o segundo, e medio mais que o cuarto clasificado o ferrolano Pablo Fernández. Santiago Domínguez, xogador do CIDU, que foi o quinto clasificado foi o primeiro coruñés nesta dura proba.
Outros dous torneos completaron a proba principal.
Diego García-Muñoz
Foto agax.org
No torneo de Rápidas o xogador do CIDU, Diego García-Muñoz, quen fora o campión hai vinte anos na primeira edición do Torneo, proclamouse vencedor na modalidade de partidas a cinco minutos, por diante de Pablo Aboy, do Alexandre Bóveda.
Sabela Iglesias
Foto agax.org
Na categoría sub14 o torneo foi de novo para Sabela Iglesias, que revalidou o título de campiona, por diante de Brais Hidalgo que ocupou, o mesmo que en 2013 a segunda posición.
Máis información en:
Asociación Galega de Xadrecistas AGAX
http://www.agax.org/
Organización:
Asociación Galega de Xadrecistas AGAX
http://www.agax.org/