Galicia/Galiza
Galicia

Crónicas da Liga Galega de Clubs

Chantada - Lugo

Sábado 16 de xaneiro de 2010

Informa: Círculo Chantadino Web

Crónica Rolda 2:

FISCHER "B" 1,5 - CÍRCULO XADREZ CHANTADA 2,5

O Circulo de Xadrez de Chantada,  volveuse impoñer pola mínima, ao  "Bobby Fischer" de Moaña, tras máis de catro horas de loita.

O primeiro taboleiro defendido por Hoffman, sempre estivo mellor situado que o seu adversario e impúxose sen dificultade; No segundo taboleiro formado por Diego Alvarez, que tamén partiu dunha vantaxe posicional para cambiarse nunha vantaxe material de calidade, e tamén rexeitar unha oferta de táboas, deu un xiro total a partida cando foi sorprendido polo avance dun peón do adversario que non se podía parar e que motivou o abandono do Chantadino; No terceiro taboleiro con Negras, defendido por Boán que á súa vez se enfrontaba ao único xogador do Fischer con Elo Fide e FEDA, foi onde se produciu a loita máis longa, pois un erro na apertura do chantadés fixo que o adversario conseguise un peón pasado no flanco de dama, onde o chantadés para capturalo tivo que ceder dous peóns máis no flanco de rei, a pesar de todo Boán conseguiu posicionar ben o seu rei de tal forma que chegou un punto onde as táboas eran a única saída posible. Por outro lado, no taboleiro numero catro, Ricardo Garcia, foi dende o principio moi superior ao seu rival de Moaña, que parecía non ter o seu día e sucumbiu nunha loita desigual apenas pasada unha hora dende o comezo do encontro.

En resumo, o círculo Chantadino consegue a súa segunda vitoria na SEGUNDA DIVISION, que a falta de coñecer resultados do Clube Karpov en Pontevedra, do Xadrez Ourense, e os de Silleda, a clasificación de segunda parte totalmente apertada na cabeza que comparten a Escola de Xadrez Pontevedra e co Loureiro Ourensán, con 5,5 puntos cada un deles, séguelles inmediatamente o CIRCULO DE XADREZ DE CHANTADA con 5 puntos, están os de Lalín e o CXF Baños Prin con 4,5.

FISCHER "B" 1,5 CÍRCULO XADREZ CHANTADA 2,5
B ALBERTO PEREZ COSTA
0
N ALEJANDRO SERGIO HOFFMAN
1
N MANUEL FONDEVILA MARON
1
B DIEGO ALVAREZ GONZALEZ
0
B JUAN OCTAVIO POCEIRO SOLIÑO
1/2
N ANXO BOAN RODRIGUEZ
1/2
N DANIEL NAJMIAS AMIRAS
0
B RICARDO GARCIA VIGO
1

O próximo sábado, o Circulo de Xadrez de Chantada recibe ao colíder Loureiro "A" de Ourense, o que supoñerá unha proba de lume para medir realmente a forza do primeiro equipo chantadés.

TERCEIRA DIVISIÓN:

Mentres o primeiro equipo do Círculo Chantadino o cara a en Moaña da forma descrita, os equipos formados polas escolas mantiñan os seus derbys particulares nas categorías inferiores, sendo os resultados os seguintes:

Círculo Escolas Chantada "C" 1 - Círculo Escolas Chantada "A" -3

Foto

A diferenza de idade entre os maiores da escola Daniel Sánchez, Carlos Rojo, Hector Ledo e Antón Vázquez presaxiaba un 0-4 rutineiro, a sorpresa a deu ou equipo local cando Enzo Rodríguez, con tan só sete anos deu a badalada adxudicándose o primeiro punto para o seu equipo nesta liga do ano 2010.

Círculo Escolas "B" 3 - Xadrez "Pepe Lolo" Chantada - 1

Foto

Mentres Enzo Rodríguez acababa de conseguir o primeiro punto para o seu equipo, o equipo máis novo de toda a terceira división que acompaña Enrique Rojo tamén conseguía o seu primeiro punto fronte aos aínda alevíns do Círculo-Escolas "B". O Círculo-Escolas "B" xogou cos reservas máis novos e son de destacar as vitorias de Daniel Rodríguez e Xavi de tan só sete anos de idade.

É de destacar a boa saúde coa que conta a canteira do xadrez Chantadina, con case sesenta fichas e que converten nesta actividade xunto con fútbol e baloncesto no maior número de federados da vila.

Independentemente de cúal sexa o resultado nos encontros que queden, onde os nenos do Círculo Chantadino forzosamente se enfrontarán a xogadores con moitos máis anos, madureza de xogo e moito máis expertos, para os responsables do Círculo Chantadino e sobre todo para os pais dos nenos, é un orgullo ver como estes pequenos xogan dun xeito disciplinado e sen complexos e que fan presaxiar que en moi poucos anos serán o relevo dos que agora están a xogar en categorías superiores.

Círculo Chantadino de Xadrez

Información Relacionada:

Crónica da Rolda 1

Sitios Relacionados:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org

Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net

 

TablaDeFlandes