Galicia/Galiza
Galicia

Crónicas da Liga Galega de Clubs

Chantada - Lugo

Sábado 23 de xaneiro de 2010

Informa: Círculo Chantadino Web

Crónica Rolda 3:

CÍRCULO DE XADREZ CHANTADA 2,5 - XADREZ LOUREIRO 1,5

O Circulo Chantadino de Xadrez, acada na terceira xornada da liga galega de clubes a sua terceira victoria, e colócase, a falta de coñecer o resultado do encontro Liceo C Postal-Agora Silleda, no segundo posto da clasificacion xeral do grupo D de segunda División, que permite promocionar polo ascenso a primeira.

O Xadrez Loureiro, colíder ata a última xornada, chegou a Chantada co equipo de Gala e plantou cara en todo momento ao Circulo Chantadino que encontrou máis resistencia da esperada, e mesmo houbo unha fase do encontro que parecía que a vitoria escapaba de Chantada.

Anxo Boán, para este encontro contou con Hoffman, Gotera, Pedro Guitián e Camilo.

Esta aliñación ten dúas peculiaridades: a) É a primeira vez que Boan descansa en catro anos de competición e B) e o máis importante que é que o Xadrez da zona recupera un clásico como Pedro Guitidán, alma mater do clube de xadrez de Saviñao durante o final dos anos 80 e ben entrada a década dos noventa que é ademais a esperanza desexada do Círculo Chantadino.

No primeiro taboleiro, Manuel García Fernández plantou cara ao Gran Mestre Alejandro Hoffman mantendo o equilibrio material durante máis de tres horas, momento no que Hoffman logrou a vantaxe dun peón que, pasado dende a sétima fila, acabou decidindo a favor do Gran Mestre nunha partida trepidante.

Non menos emocionante estivo a partida que mantiveron José Miguel Vázquez Fortes (GOTERA) con Rafael Sánchez de León Menéndez no taboleiro número 2......Tras fases da partida con ataques e contrataques recíprocos, con alternancias nas mellores posicións, o Chantadés lograba o punto para o Circulo Chantadino pasadas xa catro horas de encontro e , co tempo case esgotado.

Foto
Pedro Guitián Vázquez (pezas brancas) vs Juan José Gil Suárez

Pedro Guitián, a perla recuperada do xadrez da zona, non tivo sorte no seu novo debut, e ao pouco de empezar deixouse unha peza, que a pesar da súa resistencia numantina non foi suficiente e a remontada non chegou, máxime cando en fronte tiña outro xogador de categoría e experimentado como é Juán José Gil Suárez.

Camilo, a priori cun rival moito máis adsequible que os seus compañeiros, xa con ganancia material e que todo parecía ter encarrilada a partida para os chantadeses, colle a súa propia dama e toca o cabalo do adversario, non decatándose nun primeiro momento que acababa perdendo a dama. Cando se decatou, xa tocara o cabalo do adversario e polo tanto non houbo volta atrás co xiro de partida que iso supuxo. Non obstante Camilo non se rendeu, aguantou, e a habilidade para parapetarse levouno a unha situación en que a dama e rei do adversario non podían romper a defensa de rei e torre que habilmente movía Camilo, logrando unhas milagrosas táboas coas que os chantadeses non contaban cando Camilo perdera a súa dama.

Foto
Camilo Rodríguez vs David Tavares. Camilo en pé, nervioso, tras perder a Dama

Con esta vitoria o Círculo Chantadino, colócase no segundo lugar da táboa de segunda  a medio punto do Baños Print de Villagarcía de Arousa que toman o relevo no primeiro posto da táboa despois de vencer ao Ateneo por un contundente 0,5-3,5. O Xadrez Loureiro tras a súa derrota en Chantada, baixa de aí ata o terceiro posto.

CÍRCULO XADREZ CHANTADA
2,5
XADREZ LOUREIRO "A"
1,5
B ALEJANDRO SERGIO HOFFMAN
1
N MANUEL GARCíA FERNÁNDEZ
0
N JOSÉ MIGUEL VÁZQUEZ FORTES
1
B RAFAEL SÁNCHEZ DE LEÓN MENÉNDEZ
0
B PEDRO GUITIÁN VÁZQUEZ
0
N JUAN JOSÉ GIL SUÁREZ
1
N JOSÉ CAMILO RODRÍGUEZ FERREIRO
1/2
B DAVID TAVARES LÓPEZ
1/2

 

Outros resultados de segunda son:

LOCAL
RES
VISITANTE
EXP "ZONA INFORMATICA"
0,5 - 3,5
KÁRPOV AFICIONADOS
CÍRCULO XADREZ CHANTADA
2,5 - 1,5
XADREZ LOUREIRO "A"
A.C. A ESTRADA
1,5 - 2,5
FISCHER "B"
LICEO ACADEMIA POSTAL OURENSE "B"
0,5 - 3,5
CLUBE ÁGORA
ESCUELA LALÍN "A"
2 - 2
CLUB XADREZ OURENSE "D"
ATENEO DE OURENSE
0,5 - 3,5
CXF-BAÑOS PRINT

TERCEIRA DIVISIÓN:

Os resultados dos catro equipos que o Xadrez Chantadino mantén en terceira División son os seguintes:

CIRCULO ESCOLAS A 3 - CELANOVA C 1
CIRCULO ESCOLAS B 3 - C. ESCOLAS C 1
UNIVERSITARIO B 4 - X PEPELOLO 0

O Círculo Chantadino- Escolas, A capitaneado por Carlos Rojo impúxose en terceira división ao Celanova C por un contundente 3-1 que lles permite soñar co terceiro posto da táboa que dá lugar ao ascenso, mentres os de Lionel Salgado se impoñían por idéntico resultado aos do Círculo Escolas C, que lles permite estar na zona media da táboa clasificatoria ademais de anotarse a vitoria no Derby.

EN Ourense, Enrique Rojo, non foi quen de gañar a súa partida fronte ao Universitario B, que tería axudado aos do Círculo Escolas A. tampouco é reprochable dado que Rojo viaxa con nenos de menos de 10 anos dos que ten que estar pendente máis que da súa partida. Esperemos que dende este equipo, o máis novo de toda a terceira división, se empece a acadar algún punto fronte aos rivais directos do Círculo Chantada A, ao que vai encamiñada a presenza de Rojo, que a bo recado, seguro que chegará o momento de puntuar.

Círculo Chantadino de Xadrez

Crónicas anteriores:

Rolda 1 | Rolda 2

Sitios Relacionados:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org

Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net

 

TablaDeFlandes