Galicia
Crónicas da Liga Galega de Clubs
Sábado 30 de xaneiro de 2010
Informa: Círculo Chantadino Web
Crónica Rolda 4:
EXP DE PONTEVEDRA 3 - CÍRCULO CHANTADINO DE XADREZ 1
Primeira e estrepitosa derrota do Círculo Chantadino de Xadrez en Pontevedra ante o equipo local. Nin Pedro V. Guitián, nin Camilo Rodríguez, nin Anxo Boán foron capaces de desfacerse dos seus rivais que acabaron pagando con senllas derrotas. O Gran Mestre Internacional Alejandro Hoffman foi quen librou ao Círculo Chantadino de Xadrez do desastre, quen tras unha partida equilibrada materialmente, decidiu esas centésimas de vantaxe posicional que só saben aproveitar e ata percibir xente da categoría dun Gran Mestre internacional como é Alejando Hoffman quen deu o único punto que obtivo o Círculo Chantadino de Xadrez.
Con esta derrota o Círculo Chadadino de Xadrez baixa dende o segundo posto ás posicións medio-altas da táboa, e sofre un revés nas aspiracións ao ascenso, é un aviso do complicado que pode ser este grupo de segunda división. Dada a igualdade existente entre os clubs e as súas clasificacións aínda poden pasar moitas cousas nas sete xornadas que quedan para concluír a liga, pero se está claro que a marxe para resultados negativos como o desta semana é estreita para calquera equipo que aspire ao ascenso á primeira división, como é o Círculo Chantadino de Xadrez.
Integrantes do Circulo Chantadino, intres inmediatamente anteriores ao comezo da partida
GM Alejandro Hoffman, quen conseguiu o único punto que trouxo
o Círculo Chantadino de Pontevedra.
EXP "ZONA INFORMATICA" | Res | CÍRCULO XADREZ CHANTADA | ||
---|---|---|---|---|
B | ALBERTO PORTELA PELETEIRO | 0-1 | N | ALEJANDRO SERGIO HOFFMAN |
N | MARÍA ALONSO MACIAS | 1-0 | B | PEDRO GUITIAN VÁZQUEZ |
B | RODRIGO GONZÁLEZ REGUEIRO | 1-0 | N | JOSÉ CAMILO RODRÍGUEZ FERREIRO |
N | MIGUEL RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ | 1-0 | B | ANXO BOAN RODRIGUEZ |
Outros resultados de Segunda División Grupo D:
LOCAL |
Resultado |
VISITANTE |
---|---|---|
KÁRPOV AFICIONADOS | 2 - 2 |
CXF-BAÑOS PRINT |
CLUB XADREZ OURENSE "D" | 0 - 4 |
ATENEO DE OURENSE |
CLUBE ÁGORA | 1 - 3 |
ESCUELA LALÍN "A" |
FISCHER "B" | 2 - 2 |
LICEO ACADEMIA POSTAL OURENSE "B" |
XADREZ LOUREIRO "A" | 2,5 - 1,5 |
A.C. A ESTRADA |
EXP "ZONA INFORMATICA" | 3 - 1 |
CÍRCULO XADREZ CHANTADA |
Programa GEFE. Clasificación dos Grupos de Segunda División
TERCEIRA DIVISION GRUPO E:
Casa da Xuventude "A" - 4 CIRCULO ESCOLAS CHANTADA "A" - 0
Non foi o día do Circulo Chantadino de xadrez, e o día empezouse complicando pola imposibilidade de xogar Hector Doval, que foi substituido por Carlos Guerra Torres, pero nin así o equipo formado por Carlos Rojo, Ramón Iglesias, Manolo García, e Carlos Guerra foron capaces de rabuñar un só punto á Casa da Xuventude A, quen se mete na zona de cabeza, mentres o Circulo-Escolas parece que terá que esperar un improbable pero soñado ascenso, cando menos, outra tempada.
Celanova "C" -2 CIRCULO ESCOLAS CHANTADA "B" -2
A de Cal dérona os de Lionel Salgado, que comparten cuarto posto da táboa con Xadrez Loureiro b con 9,5 puntos. Gabriel Pérez e Josema Manuel Gómez perderon as súas partidas, mentres Lionel Salgado Rigueira e Alberto Pérez gañaban as súas cun xadrez, pensado, ordenado, e mesmo elegante que lles deu os froitos da vitoria.- Lionel Salgado Rigueira, con 11 anos de idade, leva gañadas as tres partidas que xogou en terceira, a pesar da dureza desta competición, e estase a converter nunha das grandes promesas - aínda que non a única - coas que conta o Circulo Chantadino de Xadrez, nun relevo xeracional.
XADREZ PEPELOLO 0,5 CIRCULO ESCOLAS CHANTADA "C" -3,5
Os máis pequenos do club enfrontáronse entre si, nun derby que deu o resultado anotado pero que a priori a vitoria podía ser para calquera deles. Os do Circulo Escolas chantada C con este resultado póñense décimos e os do xadrez pepe lolo no posto número 12 da táboa, aínda que nestes casos, o importante das partidas para estos pequenos e que empecen a tomar contacto coa liga galega, que vaian collendo experiencia e cos anos xa viran os resultados.
OUTROS RESULTADOS DE TERCEIRA.
Foron: Casa da Xuventude de Ourense B -2 ,Universitario B de Ourense -2; Xadrez Loureiro B -2 , Xadrez de Ourense E - 2 ; Attakke peonil de Bande 0,5 -Celanova B ,0,5 A clasificación do grupo E queda encabezada polo Celanova B, seguida do Xadrez Ourense e os do Attaque Peonil, todos eles en zona de ascenso, mentres o Circulo Escolas B de Lionel Salgado comparte o cuarto posto dos do Loureiro "B", que acaban de empatar con do Ourense E e de gañar por 1-3 aos de Celanova na derradeira xornada.
PROTAGONISTA DA SEMANA: LIONEL SALGADO RIGUEIRA
Lionel Salgado Rigueira
SALGADO RIGUEIRA, de 11 anos de idade, aprendeu os movementos no antigo Clube de Xadrez de Chantada, e pasou a formar parte do Circulo Chantadino de Xadrez no ano 2008 ao tempo que se formaba nas ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPALES DE CHANTADA, baixo a monitoria de Anxo Boán, onde xunto con Martin de Arriba, Ares Montes e Lucas Ledo, conqueriron aquel ano o subcampionato Provincial de xadrez escolar, onde quedaron segundos a catro puntos dos Franciscano de Lugo. No ano 2009 volveuse anotar de novo as escolas Municipais baixo a mesma tutoria, repetindo subcampionato provincial, pero esta vez a medio punto dos Franciscanos, e xa coa participación aditiva de Carlos Lamas, Gabriel Péres e José Manuel Goméz que se alternaron no taboleiro con Martín de arriba.
No ano 2009, xa integrados todos os nenos no Círculo Chantadino de xadrez, Lionel participou no Circuíto escolar, ónde obtivo os mellores resultados dos Chantadeses xunto con Alberto Perez e Martin de Arriba, e logo no circuito de xadrez Galicia Central comandou practicamente a clasificación xeral, ata que pasada a etapa de Cuntis, partida en dúas xornadas de venres e sábado onde a parcipación dos chantadeses non era viable, tivo que conformarse con compartir podio cos triunfadores.- Lionel é hoxe en día unha baza firme para cubrir o relevo xeracional dos que compiten no primeiro equipo do Círculo Chantadino de xadrez.
Círculo Chantadino de Xadrez
Crónicas anteriores:
Sitios Relacionados:
Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es
Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org
Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net