Galicia/Galiza
Galicia

Crónicas da Liga Galega de Clubs

Chantada - Lugo

Sábado 6 febreiro de 2010

Informa: Círculo Chantadino Web

Crónica Rolda 5:

2ª D. CIRCULO XADREZ CHANTADA 4 -KARPOV DE PONTEVEDRA 0

Tras a batalla perdida coa Escola de Xadrez de Pontevedra e practicamente co mesmo equipo, o equipo Círculo de Xadrez de Chantada impúxose ao Karpov de Pontevedra por 4-0, nun encontro sen discusións.

O Círculo de Xadrez de Chantada veu coa lección ben aprendida da última saída, e coidou todo detalle para recuperarse da derrota e empezar o asalto pola táboa clasificatoria cara á primeira división á que aspira.

Foto
Círculo Chantadino (á dereita) vs Karpov

A diferenza das anteriores coidáronse dende o principio os mínimos detalles. Non houbo trasnoite dous pupilos de Hoffman, ás 12 preparación das partidas e logo unha comida tan sacrificada como coidada, Camilo bebe auga, Hofman unha gasosa, Ricardo xa é adicto ao Nestlea e Pedro tamén se privou do rico viño de Chantada, aínda que confesou regar a tarta xeada que tomou de sobremesa cunhas gotiñas de whisky. Ás catro e media Anxo foi preparar o local e recibir aos do Clube Karpov, colócanse as pezas e ás cinco empézase con puntualidade inglesa.

No taboleiro numero catro, Ricardo rapidamente anotou o primeiro punto para os chantadinos, partida tan rápida que non lle deu tempo a agardar pola foto de rigor.

Pedro Guitián no taboleiro dous coas negras, cun xadrez pouco menos que artístico consegue o seu primeiro punto no Círculo Chantadino, un punto que tiña que chegar dada a melloría que estaba a mostrar xornada a xornada o que foi motor e gran xogador do Círculo de Saviñao onde tamén xogaban os que posiblemente foran os mellores xadrecistas chantadinos da historia como son Burato, ou Pitelo, ou Goteira, Julito, etc.... Agora é Pedro Guitián quen pertence ao Círculo Chantadino e que tan satisfeitos están os chantadeses de telo entre eles. A mellor posición táctica en todo momento de Pedro Guitián levouno a pasar un peón que despois coroaría co conseguinte abandono do adversario.

Foto
Pedro Guitián na fase intermedia observado atentamente polo clásico Chantadino Alfonso Otero (Lerio)

Hoffman, aínda con peón de menos sempre tivo as súas pezas máis activas, que acabaron dándolle a vitoria do xeito que corresponde ao Gran Mestre Internaconal que fichou polo Círculo Chantadino.

Foto
GM Alenjandro Hoffman (Círculo Chantadino) vs Rafael Bouzas (Karpov de Pontevedra)

Finalmente Camilo, colleiteiro relevante de viño que tomou auga de dieta divertiuse ao grande. Unha fermosa partida táctica e non por iso menos espectacular, fixo da súa mellor posición unha mingua de peóns do adversario que chegado un punto que a coroación era inevitable, acabou do único xeito que tiña que rematar cal é o abandono tras algo menos de catro horas de loita.

Foto
(Anécdota de humor) Camilo analizando a súa partida "sen cabalo"

Con esta é a unha xornada de cruzar o ecuador da Liga Galega de Xadrez 2010 o Círculo Chantadino de Xadrez volve aos postos de cabeza máis reforzado e ilusionado que nunca e parece que a loita polo ascenso a primeira división será unha constante ao longo do resto da Liga Galega de Xadrez. A falta dos Resultados da Estrada e de Ourense, o Circulo Chantadino neste momento está en postos de promoción a tan só un punto do líder do grupo CXF "Baños Print" de Vilagarcía de Arousa.

  CÍRCULO XADREZ CHANTADA 4-0   KÁRPOV AFICIONADOS
B ALEJANDRO SERGIO HOFFMAN 1-0 N RAFAEL BOUZAS BELLO
N PEDRO GUITIÁN VÁZQUEZ 1-0 B ANTONIO SÁNCHEZ PINTOS
B JOSÉ CAMILO RODRÍGUEZ FERREIRO 1-0 N LUIS ANTONIO OLBES DURAN
N RICARDO GARCÍA VIGO 1-0 B RAMÓN ANTONIO PÉREZ POZA

Outros resultados de Segunda División Grupo D:

LOCAL
Resultado
VISITANTE
CÍRCULO XADREZ CHANTADA
4 - 0
KÁRPOV AFICIONADOS
A.C. A ESTRADA
1,5 - 2,5
EXP "ZONA INFORMATICA"
LICEO ACADEMIA POSTAL OURENSE "B"
1,5 - 2,5
XADREZ LOUREIRO "A"
ESCUELA LALÍN "A"
1 - 3
FISCHER MOAÑA "B"
ATENEO DE OURENSE
3,5 - 0,5
CLUBE ÁGORA
CXF-BAÑOS PRINT
3,5 - 0,5
CLUB XADREZ OURENSE "D"

Programa GEFE. Clasificación dos Grupos de Segunda División

TERCEIRA DIVISION GRUPO E:

Casa da Xuventude "B"- 3,5 - Xadrez Pepe Lolo -0,5

Os  do Xadrez do  "Pepe Lolo", formado por Enrique Rojo e os tres nenos que levaba na casa da Xuventude xogaron en Ourense na Casa da Xuventude fronte o Casa da Xuventude B. Os nenos son de menos de 10 anos e que se adapten á competicion é o único que se lles  ide, e fano por certo, pois , ALBERTO AMARANTE VARELA, con menos de 10 anos foi quen de aguantar tres horas de partida e sacar medio punto para Chantada.

Círculo- Escolas de Xadrez de Chantada "c" 0,5 - Celanova "C" -3,5

Vale o dito para os máis pequenos, que só se lles pide que participen, pero destacar tamén as táboas do Rumano Baciu que fai que estos nenos, en principio inofensivos, xa empezan a rabuñar puntos e permiten afirmar que o xadrez chantadino goza dunha excelente saúde e lles agarda un brilante futuro.

Foto
As nenas de Celanova "C" fronte ao Círculo Chantadino

Círculo Escolas de Chantada "A" - 1,5 -Loureiro B -2,5

Os chavales do Círculo-Escolas A fixéronlle fronte ao Loureiro B. Carlos Rojo consigue unha vitoria precisamente fronte a quen foi durante anos anteriores o seu profesor Jesús García; Daniel Sánchez facía táboas e incluso pudo ser a vitoria se non fora unha desas xogadas prohibidas que fixo Ramón Iglesias despois de ter unha boa partida ata ese momento. Héctor Ledo non puido puntuar na súa partida. Ao final bo papel do equipo de Carlos Rojo, fronte a un equipo que é firme e real candidato ao ascenso, que os manten na zona media da táboa

Foto
Loureiro B - Círculo Chantadino

Foto
Ramón Iglesias Rey

Círculo Escolas de Chantada "B" 4 - Casa da Xuventude "A" -0

Os de Lionel Salgado  están ata insoportables. Son nenos de 11 e 12 anos de idade que representan as máis firmes bazas do clube....Agora mesmo, a espera de coñocer os resultados de Celanova "B" , Son lideres  de terceira división, e aínda que non se manteñan no liderato moito máis, ou baixen das zonas de ascenso, a badalada está servida, pois ningunha aposta poido existir por este equipo tamén de nenos, que no ecuador la liga galega, chegasen a encabezar a táboa clasificatoria. Un dato aditivo, LIONEL SALGADO É CO-PICHICHI DE TERCEIRA DIVISIÓN, co 100% dos puntos e leva gañadas catro partidas de catro.

PROTAGONISTA DA SEMANA: CARLOS ROJO

Foto
Carlos Rojo

Círculo Chantadino de Xadrez

Crónicas anteriores:

Rolda 1 | Rolda 2 | Rolda 3 | Rolda 4

Sitios Relacionados:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org

Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net

 

TablaDeFlandes