Galicia/Galiza
Galicia

Crónicas da Liga Galega de Clubs

Chantada - Lugo

Sábado 20 febreiro de 2010

Informa: Círculo Chantadino Web

Crónica Rolda 6:

2ª D. CIRCULO XADREZ CHANTADA 4 -A. C. A ESTRADA 0

O Círculo Xadrez de Chantada, sen ceder un só punto no mes de febreiro, colócase líder do Grupo D da Segunda División de Xadrez.

Como xa viñan anunciando os medios de comunicación, Anxo Boán contaba para este encontro coa práctica totalidade do equipo chantadino, equipo que dende a derrota que sufriu o día 30 de xaneiro en Pontevedra, non cedía un só punto ao longo do mes de febreiro e marcha de catro en catro. O Círculo de Xadrez acada deste xeito ou liderado do GRUPO D DE SEGUNDA DIVISIÓN, que, de mantelo, lles permitiría aos chantadeses o ascenso directo á primeira división.

O equipo Baños Print do club de Xadrez de Fontecamoa de Vilagarcía de Aruousa, que está a desenrolar unha excelente e brilante campaña, a pesar de gañar fronte ao Agora Silleda por 2,5 a 1,5, perde o liderado do grupo en favor do Círculo de Xadrez de Chantada. Ambos os dous equipos dan un tirón nunha liga caracterizada ata agora por unha grande igualdade, tirón que só puido aguantar a EA de Lalin, que tras gañar ao Xadrez Loureiro colócanse terceiros a 2,5 puntos da cabeza.

Foto
Círculo Chantadino (á esquerda) vs A.C. A Estrada

As partidas un a un

No taboleiro número un, o estradense Basilio Guijarro mantivo durante preto de dúas horas un equilibrio material fronte a un Hoffman, sempre con vantaxe posicional, vantaxe que aproveitou Hoffman para resolver entrada a terceira hora, e resolveu como corresponde un Gran Mestre.

Foto
Basilio Guijarro vs G.M Alejandro Hoffman

No taboleiro número dous, José Miguel V Fortes "Gotera", despois das xogadas de apertura quedou mellor, pero houbo un momento no que un erro de cálculo levouno a arriscar de forma innecesaria, e desencadeaba nunhas táboas non aceptadas polo capitán de A Estrada X. Xosé Hidago Neira "Fido". E como adoita acontecer en xadrez, que quen arrisca perde, nun final de peóns no que cada vez o chantadino se ía posicionando mellor e combinando un par de peóns pasados cara unha coroación inevitable, obrigaban á rendición do estradense.

Foto
"Gotera", con pezas negras, vs "Fido"

No taboleiro número tres defendido por Pedro Guitián mantívose o equilibrio durante máis de tres horas e media de partida, e cando parecía que as táboas eran o pacto máis racional, ademais propostas polo de Saviñao e rexeitadas polo de A Estrada, unha arriscada manobra deste último levouno a un erro que Pedro non indultou, obrigando a trocar Dama e Torre por Dama. Os pasos seguintes nun desigual final de 5 peóns con Rei contra cinco peóns contra Rei e Torre, foron xogadas rutineiras que deron coa lóxica rendición do estradense fronte a un Pedro Guitán que confirma a súa recuperación de xogo reflectida nos últimos resultados.

Foto
Pedro Guitián

No taboleiro número catro, un erro grande na apertura cometido polo estradense Efren, foi moi ben aproveitado e con habilidade por Camilo para rematar unha partida que acababa de comezar.

Foto
José Camilo Rodríguez

Polo demais, o encontro transcorreu no ambiente de cordialidade que existe entre os xogadores de ambos os dous clubs dada a colaboración entre eles e a participación no seo do circuíto de A Estradeza.

Resulta curioso o paralelismo do Círculo de Xadrez de Chantada entre a traxectoria da liga 2009 e 2010:

Se refrescamos a memoria do acontecido hai un ano, na liga 2008/2009, os de Chantada, daquela en terceira, comezaron gañando por mínimas diferenzas fronte a equipos teoricamente moi inferiores, para rematar o mes de xaneiro derrotados en propia casa contra o Loureiro B, por 1-3.

O mes de febreiro co descanso do Entroido, xa coa incorporación de DIEGO ALVÁREZ, deu tres vitorias apisoantes fronte a rivais teoricamente máis difíciles que os de xaneiro, como é a vitoria a domicilio por 0-4 fronte ao Universitario B, por 0,5 a 3,5 fronte ao unificado Chantada, e por 3-1 fronte ao rival directo Celanova B. Tras un mes de marzo igualmente invicto, o Circulo Chantadino finalizou derrotando ao líder, o Ourense Promesas por 3-1, conseguindo 28 puntos e medio, en nove partidas que daban unha eficacia media próxima ao 80 por cento dos puntos disputados.

Este ano, liga 2009/2010, en xaneiro o Círculo obtivo mínimas diferenzas nas súas vitorias dos seus tres primeiros encontros, para rematar o mes, concretamente o día 30 de xaneiro, cunha derrota en Pontevedra por 3-1, derrota que levaba ao equipo ata o medio da táboa. No mes de febreiro, coa lección aprendida, o Círculo leva 8 puntos gañados de 8 posibles. O próximo sábado, o equipo coordinado por Boán estará formado por Hoffman, Gotera, Diego e Ricardo, viaxanrán a Ourense coa misión de acadar o mellor resultado posible fronte ao LICEO ACADEMIA POSTAL.

  CÍRCULO XADREZ CHANTADA 4-0   A.C. A ESTRADA
B ALEJANDRO SERGIO HOFFMAN 1-0 N BASILIO GUIJARRO ARCA
N JOSÉ MIGUEL VÁZQUEZ FORTES 1-0 B XOAN XOSÉ HIDALGO NEIRA
B PEDRO GUITIÁN VÁZQUEZ 1-0 N JOSÉ LUIS PENA LODEIRO
N JOSÉ CAMILO RODRÍGUEZ FERREIRO 1-0 B EFREN CARBIA CONCHEIRO

Programa GEFE. Clasificación dos Grupos de Segunda División

Outros resultados de Segunda División Grupo D:

LOCAL
Resultado
VISITANTE
KÁRPOV AFICIONADOS
3,5 - 0,5
CLUB XADREZ OURENSE "D"
CLUBE ÁGORA
1,5 - 2,5
CXF-BAÑOS PRINT
FISCHER MOAÑA "B"
3 - 1
ATENEO DE OURENSE
XADREZ LOUREIRO "A"
0,5 - 3,5
ESCUELA LALÍN "A"
EXP "ZONA INFORMATICA"
1,5 - 2,5
LICEO ACADEMIA POSTAL OURENSE "B"
CÍRCULO XADREZ CHANTADA
4 - 0
A.C. A ESTRADA

Programa GEFE. Clasificación dos Grupos de Segunda División

TERCEIRA DIVISION GRUPO E:

Xadrez loureiro B vs Círculo Escolas Chantada "B" 4-0

Os de Lionel Salgado viaxaron a Ourense sen o seu capitán, enfrontándose a un dos equipos con firme aspiración ao ascenso, saíron derrotados sen paliativos, deste xeito os chantadinos desaparecen da zona de ascenso.

Xadrez "Pepe Lolo" vs Celanova "C" 1-3

Enrique ROJO, segue necesitando gañar algunha partida pero terá que agardar unha semana máis. Tania Fernández foi nesta semana a súa verduga; as nenas María Ramberde e María Figueiras tamén perderon as súas partidas fronte ás pequenas de Celanova, e Amarante Varela conseguiu deste xeito o único punto chantadés, que o converte no protagonista da semana.

Foto
Xadrez "Pepe Lolo" vs Celanova "C"    

Attakke Peonil vs Círculo Escolas "A"4-0

O resultado non dá lugar a comentarios. Hoxe domingo os de Carlos Rojo réunense co presidente do clube, para planificar as accións deica ao final de tempada.

Casa da Xuventude vs Círculo Escolas "C"4-0

Aos pequenos de menos de 10 anos só se lles pide que participen aínda coa esperanza dalgunha badalada, pero o resultado exclúe calquera sorpresa.

PROTAGONISTA DA SEMANA: ALBERTO AMARANTE

Foto
Alberto Amarante Varela

Foto
(Anécdota de humor)
Basilio, ante a atenta ollada de Fido e a ausencia momentánea de Alejandro,
en posición de intentar comer o Rei do adversario.

Anxo Boán e Círculo Chantadino de Xadrez

Crónicas anteriores:

Rolda 1 | Rolda 2 | Rolda 3 | Rolda 4 | Rolda 5

Sitios Relacionados:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org

Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net

 

TablaDeFlandes