Galicia
Crónicas da Liga Galega de Clubs
Sábado 17 de abril de 2010
Informa: Círculo Chantadino Web
Crónica Rolda Final:
O CIRCULO DE XADREZ DE CHANTADA VENCE NO LICEO OURENSAN POR 1-3 E ASCENDE DIRECTAMENTE A PRIMEIRA DIVISIÓN
Xogará a Promoción ao ascenso o Fischer B de Moaña, mentres que descenden a terceira o Karpov afeccionados, o Atgora Silleda e o Xadrez Ourense D.
O derradeiro sábado, 17 de abril, xogouse a xornada 7 da liga galega de xadrez aprazada polo temporal, e que pon fin a tempada da liga galega na tempada 2009/2010.
No Liceo Ourensán o equipo local recibía ao líder, o Circulo Chantadino, con todo practicamente decidido, ónde (agás resultados autenticamente milagreiros) nin o Circulo debería temer polo seu liderado nin o Liceo Academia Postal debía temer pola categoría. Polo Circulo Chantadino alienaron Hoffman, Gotera, Diego Álvarez e Anxo Boán, nun encontro no que en caso de igualdade as táboas conviñan a ambos e no que o resultado era o de menos. Ao final un 3-1 para os de Chantada que o ano que ven estarán na primeira división de xadrez, nunca conseguido en Chantada, e que ten os antecedentes máis próximos nos anos 80/90 no Circulo Saviñao que xuntaba as forzas desta vila coas de Monforte e Chantada e ónde protagonistas da xesta daquel club repiten agora dez anos despois co Circulo Chantadino.
Liceo Academia Postal vs Circulo Chantadino. Xogaron polo Circulo Hoffman (de pé),
Gotera (ao fondo á dereita) Diego Álvarez (á esquerda) e Anxo Boán
Non houbo sorpresas, e ningún dos seis resultados tivo unha variación superior a medio punto sobre o prognóstico que habiamos apuntado. Dos sete equipos que chegaron á derradeira xornada con posibilidades de promoción ou ascenso, só Circulo Chantadino chegou a esta etapa con todas as cartas do ascenso directo tendo en conta que o coordinador do equipo seguía contando con Hoffman, superando en medio punto o prognóstico dado na TablaDeFlandes. 9 vitorias, un empate e unha soa derrota, independentemente da fortuna que nos puido acompañar nalgún dos enfrontamentos, fainos sentir merecedores e acredores deste ascenso, aínda que seguro que outros compañeiros tamén fixeron méritos para merecer un pouco máis nesta liga emocionante deica o ultimo encontro.
O outro encontro que non tiña máis obxecto que gozar dunha partida de xadrez sen relevancia no resultados , era o que disputaban o Xadrez Ourense e o Agora Silleda, Ambos os dous descendidos dende a pasada xornada con independencia de cales fosen os resultados na liga. No prognóstico previramos un 2-2 e tal foi o resultado.Agora prognosticamos que para o ano ambos os dous ascenderán de novo a segunda división e a bo recado que imos acertar pois calidade para facelo non lles falta
En Vilagarcía, previramos un empate que só lle servía ao equipo de Moaña, que superou en medio punto os prognósticos; O Loureiro A intentouno e venceu ao Ateo pola mínima, resultado totalmente insuficiente. Insuficiente foi tamén a vitoria pola mínima dos rapaces da Escola de Xadrez de Pontevedra, fronte ao Lalín que quedaron a un punto da promoción e coa satisfacción de ter culminado unha gran campaña, na que foron os únicos que derrotaron aos de Chantada.
Por abaixo, para eludir o descenso, nun encontro trepidante a vida ou morte enfrontábase a AC de A Estrada e o Karpov afeccionados a onde chegaron a esta xornada igualados a puntos e nos que o que perdera descendía ou perdía categoría. Ao final son os da Estrada os que quedan en segunda división.
Tomada no Local do Liceo cos compoñentes do Circulo Chantadino recen ascendido.
Hoffman (sentado) Gotera, Boán, Guitián e Diego ao redor do Gran mestre)
En Resumo: O Circulo Chantadino de Xadrez consigue o ascenso a primeira división tras unha brillante campaña cuxo paralelismo coa do ano anterior é casual e practicamente Simétrico. Na liga 2009, tras tres tímidas vitorias cae derrotado o 31 de xaneiro do 2009 por 1-3 fronte ao Loureiro B, para encadear logo unha racha de vitorias por 0-4 fronte ao universitario, 3,5 a 0,5 ao equipo naquel entón de Enrique Rojo, por 3-1 ao Celanova B, por 3-1 ao Attake Peonil de Bande e por idéntico resultado ao Xadrez Ourense conquerindo en resumo 29 puntos de 36 posibles. Na liga 2010 xa coa decisiva incorporación de Hoffman e parte dos xogadores do extinto xadrez do Saviñao como son Miguel Fortes (Gotera) e Pedro Guitián, xunto co apoio de Ramón Delgado, o Circulo Chantadino de Xadrez repetía historia, con vitorias dimanantes de partidas moito máis igualadas que o ano anterior. O Circulo Chantadino comeza o mes de xaneiro con tres vitorias pola mínima(2,5 a 1,5) fronte ao Club Agora Silleda, Loureiro A de Ourense e o Fischer de Moaña do mesmo xeito ca o ano anterior, para caer o dia 30 de xaneiro, (como acontecera o 31 de xaneiro do ano anterior) frente a Escola de Xadrez de Pontevedra por 3-1.
No mes de febreiro, igual ca o ano anterior o Circulo encadea dúas vitorias consecutivas por 4-0 fronte ao Karpov Afeccionados e fronte ao equipo da Estrada, acabando o mes de febreiro de lideres por medio punto, aumentando a diferenza a medio punto mais por cada xornada dende entón con un resultado de 2-2 fronte a Escola de Lalín, por 1,5 a 2,5 fronte ao Ateneo Ourensán, por 3-1 fronte ao Baños Print, por 1,5 a 2,5 fronte ao Xadrez Ourense D e por 1-3 fronte ao Liceo Academia Postal.
LICEO ACADEMIA POSTAL OURENSE "B |
1 - 3 |
CÍRCULO XADREZ CHANTADA |
||
---|---|---|---|---|
B | RAMON LEANDRO ARIAS MOREIRAS | 0 - 1 |
N | ALEJANDRO SERGIO HOFFMAN |
N | JOSE ANTONIO NOVOA SIOTA | 0 - 1 |
B | JOSE MIGUEL VAZQUEZ FORTES |
B | CARLOS DOMINGUEZ ALVAREZ | ½ - ½ |
N | DIEGO ALVAREZ GONZALEZ |
N | DAVID MARTINEZ CABRERA | ½ - ½ |
B | ANXO BOAN RODRIGUEZ |
Outros resultados de Segunda División Grupo D:
Local |
Resultado |
Visitante |
---|---|---|
A.C. A ESTRADA | 2,5 - 1,5 |
KÁRPOV AFICIONADOS |
LICEO ACADEMIA POSTAL OURENSE "B" | 1 - 3 |
CÍRCULO XADREZ CHANTADA |
ESCUELA LALÍN "A" | 1,5 - 2,5 |
EXP "ZONA INFORMATICA" |
ATENEO DE OURENSE | 1,5 - 2,5 |
XADREZ LOUREIRO "A" |
CXF-BAÑOS PRINT | 1,5 - 2,5 |
FISCHER MOAÑA "B" |
CLUB XADREZ OURENSE "D" | 2 - 2 |
CLUBE ÁGORA |
Clasificación Final 2ª D
N | Equipo | Xogados | Gañados | Empates | Perdidos | Puntos |
Sonn |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | CÍRCULO XADREZ CHANTADA | 11 |
9 |
1 |
1 |
29,5 |
589 |
2 | FISCHER MOAÑA "B" | 11 |
7 |
2 |
2 |
26,5 |
530,75 |
3 | EXP "ZONA INFORMATICA" | 11 |
7 |
1 |
3 |
25,5 |
532 |
4 | XADREZ LOUREIRO "A" | 11 |
6 |
2 |
3 |
24,5 |
488,25 |
5 | ESCUELA LALÍN "A" | 11 |
4 |
3 |
4 |
23,5 |
488,75 |
6 | CXF-BAÑOS PRINT | 11 |
4 |
3 |
4 |
23,5 |
472,75 |
7 | ATENEO DE OURENSE | 11 |
4 |
2 |
5 |
22,5 |
434,75 |
8 | LICEO ACADEMIA POSTAL OURENSE "B" | 11 |
3 |
4 |
4 |
20 |
425 |
9 | A.C. A ESTRADA | 10 |
3 |
2 |
5 |
17 |
407,25 |
10 | KÁRPOV AFICIONADOS | 10 |
3 |
2 |
5 |
17 |
364,5 |
11 | CLUBE ÁGORA | 10 |
1 |
1 |
8 |
14 |
335,75 |
12 | CLUB XADREZ OURENSE "D" | 10 |
1 |
1 |
8 |
12,5 |
310,25 |
TERCEIRA DIVISIÓN. GRUPO E:
Na terceira División os mais pequenos do Xadrez Pepe Lolo desprazáronse con Enrique Rojo a Ourense mentres Anxo García Brea quedaba nas escolas ao fronte dos outros tres equipos.
Destacar a vitoria do Circulo Escolas A sobre do Universitario B, onde só o debutante no taboleiro numero catro por parte dos Chantadinos, xogador xa de certa calidade, pagou a súa novatada e viuse enrolado polo capitán dos universitarios Amador Figueiral Listón.- 3-1 para os chantadinos é un resultado xusto no que ninguén se xogaba nada. As vitorias de Anxo García Brea, Manuel García e Ramón Iglesias Rey deixan no esquecemento a derrota do cuarto taboleiro chantadino.
Mentras o principal equipo ascendía a primeira nas categorías inferiores
os máis pequenos tamén remataban a súa liga coa satisfacción do deber cumprido
Anxo Boán amosa a súa plena satisfacción polo desenrolo dos acontecementos nunha tempada que por primeira vez a colaboración en conxunto do equipo fai a todos e cada un dos do clube protagonista dos éxitos acadados durante a tempada, na que o traballo intenso de Rojo cos máis pequenos, a incorporación de Alejandro Hoffman ao noso clube, a decidida implicación dos míticos Gotera e Pedro Guitián ademais dunha maior colaboración do Concello fan pechar esta tempada coa sensación de deixar as cousas ben feitas. Boán, está a espera do que decidan os socios sobre da persoa que no sucesivo ha de levar o clube, pero sexa quen sexa o capitán de barco na nova etapa que se aveciña o clube está en pleno funcionamento, preto de 60 federados entre os dous clubs, cinco equipos en competición, unhas escolas en pleno auxe, un torneo de Nadal cada ano mais prestixiado, un equipamento de material suficiente para calquera evento, as contas do clube saneadas e un equipo en primeira división.
Circulo Escolas vs Universitario B. Polo Circulo Escolas A e cos mozos de exames
xogaron catro adultos impoñendose ao Universitario Ourensan por 3-1
Anxo Boán e Círculo Chantadino de Xadrez
Crónicas anteriores:
Rolda 1 | Rolda 2 | Rolda 3 | Rolda 4 | Rolda 5 | Rolda 6 | Rolda 7 (derradeira) | Rolda 8 | Rolda 9 | Rolda 10 | Rolda 11
Sitios Relacionados:
Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es
Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org
Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net